Todas as salvagardas que nos merecemos.
O teu perfil confidente.
Como todo o que che digo cando non podes ouvirme
e é tan dura a tarde, e ti tanto me faltas.
Os nosos dáctilos Par a par.
Soños fértiles Par a par.
Parecía imposible que coubese tanto alento,
tan madrepérola como agora nos preña.
Veña, miña bela bestia, vén coa túa yolandalatría.
A tarde nos visita algunha vez abandonados
e tí dis corazón, esa palabra que odio.
Fuches ti, meu animal, fuches ti quen esculpiu
nas miñas nádegas un verso que dicía para sempre.
O Filipe Bret mandou-nos este bonito poema.
Yolanda Cataña (Santiago de Compostela em 1977). Podem encontrar alguns dos seu poemas, no livro colectivo de 7 poetas Galegas "Mulher a facer vento", publicado por Ediçoes Tema (Lisboa) em Maio de 1998.